CRTVG

Buscar

Morre unha muller na praia urbana de Sada

Publicado o 18/07/2020 17:25

O cadáver dunha muller fduns 70 anos foi recuperado este sábado pasadas as tres da tarde na praia de Sada por un particular que a localizou aboiando no mar e levouna ata a beira. O home, que algunhas testemuñas aseguran que era o seu home, avisou ao 112 do suceso coa alerta de que vítima flotaba boca abaixo na auga.

A zona onde apareceu o corpo está situada fronte ao concello de Sada ata onde se trasladaron os servizos de emerxencias, pero malia que se avisou tamén a Salvamento marítimo e a Gardacosta só puideron certificar a morte da muller.