Morre unha muller en Asturias tras caerlle enriba un hórreo cando tendía a roupa
Publicado o 06/12/2018 15:07
En Asturias, morreu unha muller de 58 anos ao caerlle enriba un horreo cando tendía a roupa debaixo. Foi onte, arredor das sete e media da tarde, na localidade de Borines, no concello de Piloña. Os bombeiros tiveron que facilitarlle o acceso ao equipo médico para chegar ata a muller que estaba debaixo dos cascallos. Malía a pronta actuación das urxencias, xa non puideron máis que certificar a súa morte.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí