CRTVG

Buscar

Morre unha muller e oito persoas quedan feridas no incendio dun hospìtal nas aforas de París

Publicado o 22/08/2019 12:50

Unha persoa morreu e oito máis quedaron feridas no incendio ocorrido nun complexo hospitalario das aforas de París. O incendio afectou o edificio en que se aloxan os empregados do centro sanitario polo que non foi necesario evacuar ningún doente.

O lume iniciouse nunha das plantas superiores dun dos edificios do complexo hospitalario de Créteil, localidade próxima a París, e estendeuse con rapidez.

Unha muller morreu asfixiada atrapada no interior do ascensor do edificio que serve de aloxamento para o persoal do hospital. Outras oito persoas quedaron feridas de diversa consideración. Varias máis foron rescatadas polo centenar de bombeiros mobilizados para sufocar o incendio.

A pesar da virulencia do lume, a actividade do centro hospitalario non se viu afectada e ningún enfermo tivo que ser evacuado. As autoridades investigan as causas do incendio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019