CRTVG

Buscar

Morre unha muller de 82 anos no incendio da súa vivenda na Illa de Arousa

Publicado o 09/02/2018 21:30

Morreu unha muller no incendio da súa vivenda, na Illa. Estamos alí en directo, a ver que se sabe deste caso.

Foi todo moi rápido e moi silencioso. Só unha veciña escoitou un pequeno ruído e saíu á rúa. E atopou unha muller que ía traballar.

"E díxome, 'Marisa: hai lume na casa do lado'. Fomos mirar e xa vimos o edredón na ventana, que o debeu botar ela". 

O lume afectou sobre todo o cuarto. Os veciños puideron apagalo nun primeiro momento. Din que a casa non ten calefacción e que unha manta eléctrica puido causar o suceso. Unha hipótese pendente de confirmación.

"Saía moito fume. Collín un extintor e o do lado unha mangueira. Apagamos o lume pero non se podía entrar porque estaba todo cheo de fume", conta un home.

A vítima tiña 82 anos. Durmía soa na vivenda todas as noites a pesar de padecer algún problema de mobilidade. Os servizos de emerxencias non tardaron en chegar.

"Notificáronnolo ás 5.15 da noite. Saíu unha dotación e cando chegaron rastrexaron a zona e atoparon a vítima. Sacárona ao exterior pero os servizos sanitarios non puideron facer nada para salvala", afirma David Padín, sarxento dos Bombeiros do Salnés.

Ata o lugar tamén acudiron a Garda Civil de Cambados e Protección Civil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018