Morre unha muller de 81 anos por un incendio na súa vivenda das Palmas de Gran Canaria
Publicado o 26/07/2019 11:45
Unha muller falece tras rexistrarse un incendio na súa vivenda nas Palmas de Gran Canaria. O lume orixinouse dentro do seu piso, por causas que aínda se descoñecen. A falecida, que vivía co seu fillo, tiña 81 anos.
Hoxe realizaráselle a autopsia ao cadáver. Os servizos de emerxencias tamén tiveron que atender outra veciña que inhalara fume.