CRTVG

Buscar

Morre unha muller atropelada en Carballo

Publicado o 28/03/2019 18:50

Unha muller morreu atropelada a primeira hora da mañá no concello de Carballo. A falecida cruzaba pola estrada comarcal que vai da Coruña ata a capital de Bergantiños.

A tres quilómetros de Carballo, a AC-552 cruza a parroquia de Bértoa. A muller falecida, de case 50 anos, collera o autobús de liña en Arteixo, onde residía, para visitar os seus pais, que viven na parroquia de Berdillo, preto do lugar do accidente. Na zona non hai pasos de peóns.

"Viña no autobús todos os días. Parou na parada, arrancou o autobús e ele cruzou a estrada. No medio diso, veu un chico da zona de Carballo e atropelouna".

Non é unha zona de gran sinistralidade. O lugar do atropelo mortal é unha recta duns 300 metros cun carril en cada sentido.

"Máis alá abaixo, na curva, si. Aquí non adoita haber accidentes nunca. Penso que é zona de 90 ou de 100 km/h".

Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado que ten base en Santiago. Malia os esforzos dos profesionais sanitarios, non puido facerse nada por salvar a muller.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/03/2019