CRTVG

Buscar

Morre unha muller presuntamente atacada por un carneiro en Meis

Publicado o 12/12/2019 13:44

En Meis un terrible accidente acabou coa vida dunha muller de 65 anos. Un carneiro da súa propiedade golpeouna e faleceu no lugar, na corte familiar situada na parroquia de San Salvador.  

As campás da igrexa de San Salvador de Meis tocan pola muller de 65 anos repentimente falecida pasadas as oito da tarde do mércores. Estaba na corte dos animais e arestora investígase que puido pasar, pero todo indica que a atacou un carneiro da súa propiedade.

O caso é que a atoparon tirada no chan e ao lado estaba o animal, segundo fontes do Concello, con restos de sangue. Acudiu socorrer a vítima o 061, pero xa non puideron facer nada pola muller. A Garda Civil tamén se presentou no lugar.

Un falecemento tráxico e inesperado que deixou consternados tanto os veciños como a súa extensa familia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/12/2019