CRTVG

Buscar

Morre unha interna dun centro de Sarria atragoada cun polvorón

Publicado o 06/01/2019 10:35
Morre unha interna dun centro de Sarria atragoada cun polvorón

Unha muller de 37 anos, natural do concello lucense da Pontenova, morreu este venres no centro de atención a discapacitados psíquicos de Sarria atragoada cun polvorón.

Tras os feitos, o persoal do centro deu aviso aos servizos de urxencia, que se presentaron de forma inmediata pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.

A falecida permanecía interna no centro desde fai varios anos debido aos seus problemas psíquicos. O enterro será esta tarde na súa vila, a Pontenova.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí