CRTVG

Buscar

Morre unha das pacientes oncolóxicas infectadas no Hospital de Pontevedra

Publicado o 22/10/2020 14:38

Nas últimas horas morreu unha das pacientes de oncoloxía contaxiadas no gromo de coronavirus do Hospital Provincial de Pontevedra. Un foco que suma 23 infectados entre pacientes, acompañantes e persoal sanitario.

A morte da muller produciuse en Montecelo, onde foron trasladados seis enfermos afectados. Era unha paciente cun cancro moi avanzado. Segundo fontes do hospital, aínda que se infectou do virus, a covid-19 non influíu no seu falecemento.

Noticias web

22/10/2020