CRTVG

Buscar

Morre unha anciá no incendio da súa vivenda en Burgos

Publicado o 24/12/2019 14:52

Unha muller de 90 anos morreu no incendio da súa vivenda ocorrido na localidade burgalesa de Medina de Pomar.

Outras catro persoas, dúas mulleres e dous homes de idades comprendidas entre os 73 e os 83 anos, quedaron intoxicados polo fume.

Os servizos médicos de emerxencias déronlles a alta despois de atendelos no mesmo lugar do sinistro.

Noticias web

24/12/2019