CRTVG

Buscar

Morre unha muller de 85 anos no incendio da súa casa en Manresa

Publicado o 22/01/2019 13:12

Unha muller de 85 anos morreu esta mañá no incendio da súa vivenda en Manresa, Barcelona. O lume comezou sobre as dúas e media da madrugada e queimou o cuarto onde estaba a muller. Aínda non se sabe como empezou. O incendio qeudou controlado preto das tres da mañá e os veciños do inmoble, desaloxados polos bombeiros, puideron volver ás súas vivendas. Na extinción traballaron cinco dotacións de bombeirtos, seis dos Mossos d'Esquadra e a policía local. 

Noticias web

22/01/2019