CRTVG

Buscar

Morre unha anciá na Estrada polo mal funcionamento dunha cociña de leña

Publicado o 25/02/2019 22:06

• A vítima, de 87 anos, faleceu, posiblemente, intoxicada por inhalación de dióxido de carbono

Trátase dunha muller de 87 anos que vivía soa nunha vivenda da parroquia de Matalobos, moi preto do centro urbano da Estrada. Ocorreu sobre a unha da tarde e ata o domicilio trasladouse unha ambulancia do 061 e tamén a Garda Civil, pero cando lograron entrar na vivenda xa atoparon a muller morta.

A hipótese coa que se traballa é que a leña que ardía dentro da vivenda para quentar a casa provocou o monóxido de carbono que a acabou matando. Os veciños que a coñecían din que xa había meses que non saía da casa e que recibía asistencia por parte dos servizos sociais do Concello. Ao parecer, a muller non ten familia próxima. A vivenda onde ocorreron os feitos está na parroquia de Santa Baia e só hai dúas casas nos arredores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019