Morre un 'youtuber' ao intentar gravar un salto en paracaídas
Publicado o 07/08/2019 20:41
Un mozo de 29 anos morreu esta madrugada nun salto clandestino de paracaídas desde unha fábrica de cemento en Alacante.
Acompañado dun amigo, accederon de xeito ilegal ás instalacións coa idea de gravar o salto nocturno desde uns cincuenta metros de altura, para colgalo na súa canle de YouTube.
Segundo fontes policiais, o paracaídas ía mal colocado e abriu só parcialmente. O seu compañeiro, testemuña do accidente, foi quen chamou os servizos de urxencias, que non puideron facer nada por salvarlle a vida.
Máis sobre actualidade
28/01/2021 09:19
28/01/2021 08:20