CRTVG

Buscar

Morre un home de 45 anos nun accidente ao saírse da vía na estrada de Verín a Chavés

Publicado o 23/08/2019 12:13

• O condutor, e único ocupante, faleceu no acto polo impacto

Roberto Gómez, Sarxento da Garda Civil de Tráfico de Verín, relata ante o micrófonos da Galega o que saben ata agora do accidente. A Garda Civil investiga que é o que puido acontecer. Barállase a posibilidade dun exceso de velocidade.

O accidente aconteceu preto das cinco desta mañá na estrada que une Verín con Chaves.  O vehículo saíu da estrada e percorreu varios metros, chocou contra un sinal e tamén contra un poste da luz. Os equipos de emerxencias achegáronse ao lugar pero xa nada puideron facer por salvarlle a vida.  A vítima, un veciño de Verín, tiña 45 anos.

Esta mañá os axentes achegábanse de novo ao lugar para continuar coas investigacións. Trátase dun punto conflitivo. Hai un ano, moi preto deste lugar producíase outro accidente, en que tamén faleceu o condutor. A zona está xa limpa e arestora xa se pode transitar con normalidade. 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019