CRTVG

Buscar

Morre un veciño de Marín nunha saída de vía da súa motocicleta en Cotobade

Publicado o 06/09/2020 12:36

O suceso produciuse pouco despois das dez e cuarto da mañá no concello de Cerdedo-Cotobade, na estrada N-541 que une Pontevedra con Ourense. A motocicleta que conducía a vítima mortal foise da vía pola marxe dereita e chocou contra un poste. Ía en segunda posición nun grupo en que o acompañaban outros tres motoristas. O condutor, veciño de Marín, de 29 anos, levaba o casco de protección pero faleceu no intre.