CRTVG

Buscar

Morre un veciño de Foz ao caer dunha cuberta

Publicado o 29/11/2019 13:54

O falecido, Antonio Blanco, é un coñecido empresario na zona, xa que era o propietario dunha carpintería metálica situada na localidade de Forxán, en Foz. Precisamente, o accidente que lle custou a vida produciuse cando trataba de reparar a cuberta da nave da carpintería metálica.

Tras a caída, o home quedou tendido no chan, de onde foi evacuado polos servizos de urxencia.

A cremación do falecido está prevista para mañá ás once e media. Deixa unha viúva e tres fillos e gran pesar na vila, onde era unha persoa moi coñecida e estimada.

Noticias web

29/11/2019