CRTVG

Buscar

Morre un veciño de Chantada ao caer polo oco das escaleiras

Publicado o 28/09/2020 13:57

Un home duns 45 anos morreu ao precipitarse polo oco das escaleiras do edificio en que residía. Sucedeu na avenida de Ourense, en Chantada. Unha vez os veciños deron a voz de alarma, desprazáronse ata o lugar dos feitos efectivos da Policía Local e da Garda Civil, ademais dos bombeiros e dos sanitarios do 061.

"El tropezaría, ou algo, e xa caeu polo oco das escaleiras. Estes edificios son antigos e teñen os pasamáns bastante baixos. A moza estaba aquí chorando, baixei do meu edificio e ao abrir un pouquiño a porta xa o vin tirado. Comprobei que non se movía e chamamos ao 061 e ao cuartel e xa viñeron despois todos, pero xa non houbo nada que facer".

"Viñamos doutra intervención e nesa rúa estaba a Policía Local. Xa empezaban a vir efectivos da Garda Civil, que nos detiveron para que lles botásemos unha man. O rapaz do que estaba a cargo que estaba bastante alporizado. O noso labor consistiu en atender un pouco a xente e axudarlles a que o rapaz non intentara entrer á vivenda. Como estaba o irmñan falecido, tampouco era moi agradable de ver", di Jesús Fernández, cabo dos bombeiros de Chantada.

O falecido vivía co seu irmán, en situación de dependencia debido á súa discapacidade. Tanto el coma a parella do finado precisaron asistencia médica polo acontecido.

Noticias web

28/09/2020