CRTVG

Buscar

Morre un traballador en San Sadurniño ao ser golpeado pola póla dunha árbore

Publicado o 09/01/2020 19:27
Morre un traballador en San Sadurniño ao ser golpeado pola póla dunha árbore

Un operario faleceu na tarde deste xoves mentres traballaba no municipio coruñés de San Sadurniño ao ser golpeado por unha póla dunha árbore. Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro produciuse sobre as 18,20 horas no lugar do Camiño Arriba, na parroquia de Lamas. Así, o persoal do 061 alertou dos sucedido ao 112, que á súa vez deu aviso aos axentes da Garda Civil. Os sanitarios só puideron confirmar á súa chegada o falecemento do home.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí