CRTVG

Buscar

Morre un traballador en Chantada tras caerlle unha árbore enriba

Publicado o 24/02/2020 13:28
Morre un traballador en Chantada tras caerlle unha árbore enriba

Un operario morreu esta mañá tras caerlle encima unha árbore cando traballa nun monte do lugar de Sabadelle, no municipio lucense de Chantada, segundo informou o 112.

Ademais, outro traballador quedou ferido por mor dese accidente laboral e tivo que ser evacuado en helicóptero, acompañado por persoal do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O accidente produciuse sobre as 11:00 horas, cando o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia recibía comunicación por parte do 061 da saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense para asistir a un traballador que había resultado ferido tras caerlle encima unha árbore.
O 112 informou de inmediato a Garda Civil, á Policía Local e Protección Civil.

Tamén foron informados os bombeiros de Chantada, para colaborar na evacuación dos feridos, dado que a zona presentaba dificultades de acceso para o persoal médico, aínda que finalmente non foi precisa a súa intervención.