Morre un traballador en Brión ao caerlle enriba unha árbore
Publicado o 30/09/2021 17:18

Un traballador faleceu este xoves nun accidente laboral ocorrido no concello de Brión. Segundo informa o 112, caeulle enriba unha árbore que estaba cortando.
O suceso produciuse na parroquia de Ons. Ata alí desprazouse un helicóptero para atender e evacuar o operario, pero cando chegou xa falecera.
#AXEGAInforma de que un traballador faleceu ao caerlle unha árbore enriba, en #Ons, no @concellodebrion. O persoal sanitario mobilizou ata o punto un helicóptero, pero nada puido facerse por salvarlle a vida. Interviñeron: #GESBrión, #AVPCAmes e Policía Local de Ames pic.twitter.com/DUpxfN2lyq
— 112Galicia (@112Galicia) September 30, 2021