CRTVG

Buscar

Morre un traballador ao caer polo oco do ascensor que reparaba na Coruña

Publicado o 07/02/2018 20:32

Un home morreu na Coruña ao caer polo oco do ascensor que reparaba desde unha altura de catorce pisos. O accidente ocorreu ao ceder a plataforma que se instalara para efectuar a reparación, segundo explicaron os bombeiros, que aínda están no lugar á espera do levantamento do cadáver por parte do xuíz de garda.

Os feitos ocorreron na rúa Ramón Pérez Costales, en Catro Camiños, na coñecida Torre Efisa, na que se atopa a delegación provincial de Tráfico.

Polo momento descoñécese a identidade e idade do traballador falecido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/02/2018