CRTVG

Buscar

Morre un piloto do avión do Exército que se estrelou en Albacete tras o desfile militar

Publicado o 12/10/2017 20:37

O desfile militar deste 12 de outubro rematou de xeito tráxico. Un dos avións de combate que participara nos actos de Madrid estrelouse na súa base de Albacete pouco antes de aterrar. O piloto, o capitán do Exército do Aire Borja Aybar, faleceu no accidente.

O aparello sinistrado, un caza Eurofighter do Exército do Aire, regresaba de Madrid tras participar no desfile das Forzas Armadas. Cando o piloto iniciaba a manobra de aproximación para aterrar na base militar dos Llanos, en Albacete, estrelouse contra o chan. Ocorreu pouco despois das doce do mediodía.

Por causas aínda sen determinar, o capitán Borja Aybar non activou o sistema de escape e faleceu no accidente. A súa familia está convencida de que o fixo para evitar unha desgraza maior. O presidente do Goberno e a ministra de Defensa desprazáronse ata o lugar para coñecer de preto as circunstancias do sinistro.Borja Aybar, de 34 anos, era natural de Puertollano, en Cidade Real. Capitán do Exército do Aire, tiña acumuladas máis de 1.200 horas de voo, a maioría aos mandos de cazas de combate.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017