Morre un pescador ao caer nunha zona rochosa da Illa de Arousa
Publicado o 30/05/2020 17:48
Un pescador faleceu na mañá deste sábado ao sufrir unha caída nunha zona rochosa da Illa de Arousa, nas Rías Baixas. Segundo informou o servizo de emerxencias, o corpo sen vida atopárono pouco despois das nove e media da mañá, na zona de Campelo.
Ao parecer, o home sufriu un colapso na contorna do faro de Punta Cabalo, un lugar de acceso difílcil, que fixo necesario desprazar a asistencia médica en motocicleta. Durante máis dunha hora trataron de reanimalo pero sen éxito e só puideron certificar o seu falecemento.
Este é o segundo accidente rexistrado en 24 horas por parte de pescadores, aínda que no outro -que tivo lugar venres á noite- no concello de Chantada, o pescador foi rescatado con vida.