CRTVG

Buscar

Morre un home de 80 anos despois de envorcar o tractor que conducía en Valga

Publicado o 04/02/2019 18:37

Un home de 80 anos morreu en Valga ao envorcar o tractor que guiaba, que lle caeu enriba. O suceso tivo lugar no lugar de Balleas. Como consecuencia do sinistro, o condutor do vehículo agrícola quedou debaixo da estrutura. O vehículo "non utilizaba a estrutura de seguridade antienvorcadura", segundo a Garda Civil de Tráfico, que instrúe dilixencias en relación co sinistro, informa Europa Press.

O falecido é un veciño da mesma localidade, onde o suceso causou unha gran pena porque o coñecía todo o mundo. Ao lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, bombeiros e Protección Civil. Tiveron que traballar arreo para levantar o tractor do sitio e poder retirar o cadáver. 

 

Noticias web

04/02/2019