Morre un neno de tres anos no incendio dunha vivenda no Porto de Santa María
Publicado o 21/04/2021 08:10

Un neno de tres anos faleceu no incendio orixinado na casa en que vivía no Porto de Santa María.
Os bombeiros da localidade gaditana actuaron contra as nove da mañá do martes. Atoparon o menor tomabado no corredor. Aínda que foi trasladado en ambulancia, morreu pouco despois. Tamén rescataron a avoa do cativo, que estaba nun dos dormitorios.