CRTVG

Buscar

Falece un neno de 3 anos en Lugo logo de caer a unha piscina familiar

Publicado o 14/08/2021 19:39

Os servizos sanitarios recibiron ao mediodía do xoves unha chamada de emerxencia na que a familia do neno pedía a súa intervención urxente logo de que o cativo caese accidentalmente á piscina, xa que non reaccionaba ao sacalo da auga.

Cando chegaron os sanitarios, o pequeno estaba en parada cardiorrespiratoria, polo que lle practicaron manobras de reanimación. Unha vez estabilizado trasladárono á UCI do HULA onde, finalmente, morreu este sábado.

É o segundo accidente deste tipo que sucede en Galicia no que levamos de verán, logo de que a finais de xullo afogase nunha piscina unha nena de catro anos en Cangas do Morrazo. 

 

Noticias web

14/08/2021