CRTVG

Buscar

Morre un mozo de 23 anos en Madrid tras recibir varias coiteladas

Publicado o 19/01/2020 10:59
Morre un mozo de 23 anos en Madrid tras recibir varias coiteladas

A Policía Nacional investiga a morte dun mozo de 23 anos en Madrid, que faleceu tras recibir varias coiteladas polo corpo.

Foi unha muller a que atopou a vítima a noite pasada no chan detras dunha parada de autobús, nunha rúa do distrito madriñelo da Moncloa-Aravaca.

O mozo presentaba varias feridas de arma branca. Ainda que foi trasladado con vida a un centro hospitalario, chegou en parada cardiorrespiratoria e faleceu no quirófano. O mozo era de nacionalidade chinesa. E a terceira morte violenta que se produce na comunidade madrileña no que vai de ano.

 

 

Noticias web

19/01/2020