CRTVG

Buscar

A Garda Civil detén o suposto homicida dun mozo esta madrugada en Salceda

Publicado o 08/06/2019 15:23

Conmoción e repulsa unánime de todos os veciños

• O falecido levaba poucos meses vivindo en Salceda

 

 

Acoitelamento mortal esta noite en Salceda de Caselas. Ocorreu contra as 5 da mañá na praza maior durante unha liorta entre dúas persoas. Efectivos de urxencias tentaron reanimar a vítima durante máis dunha hora pero só puideron certificar a súa morte. A Garda Civil identificou un sospeitoso sobre o que deron datos varias testemuñas. O concello emitiu un comunicado de pesar aprobado por toda a corporación.

Os axentes detiveron ao coñecido polo alcume do "Alemán" na casa dos seus pais, no centro de Salceda. O arresto foi posible pola descripción realizada polas testemuñas presenciais do ataque ao mozo de 24 anos, que faleceu a consecuencia da puñaladas.

O incidente produciuse sobre as cinco da mañá en medio dunha discusión na Praza Maior do concello pontevedrés. As sospeitas da Garda Civil recaen sobre unha persoa que coincide coa descrición achegada por varias testemuñas.

Os efectivos de urxencias e asistencias sanitarias trataron de reanimar a vítima durante máis dunha hora no lugar do crime, pero despois dunha hora, só puideron certificar a morte do varón.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/06/2019