CRTVG

Buscar

Morre un mozo ao caerlle unha árbore nunha corta en Navia de Suarna

Publicado o 12/07/2018 14:02

Un mozo de 25 anos, de orixe romanesa, morreu nun accidente laboral no concello lugués de Navia de Suarna. Cando estaba a cortar árbores no monte, caeulle un piñeiro enriba. 

O suceso produciuse no alto de Labiadas, situado no lugar das Salgueiras, entre as parroquias de Son e de Vallo. Tras o aviso do 112, ata este punto desprazouse un helicóptero medicalizado con base en Ourense. A pesar dos intentos de reanimación, os facultativos só puideron confirmar o falecemento. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018