CRTVG

Buscar

Morre un motorista tras bater contra un coche en Madrid

Publicado o 19/09/2019 10:04

Un home de 51 anos morreu o mércores en Madrid tras chocar coa súa motocicleta cun coche. O sinistro aconteceu contra as tres da tarde. A Policía Local encárgase de investigar o accidente.

Segundo as primeiras indagacións, a motocicleta bateu contra o turismo cando este se incorporaba á vía. O condutor do coche saíu ileso. O persoal de urxencias sanitarias tratou de reanimar o motorista durante media hora, pero os seus esforzos resultaron infrutuosos e só puideron confirmar o falecemento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019