CRTVG

Buscar

Morre na Estrada un coñecido empresario ao impactar a súa moto contra un turismo

Publicado o 12/04/2019 18:37

 

Un home de 67 anos perdeu hoxe a vida na Estrada, ao impactar coa motocicleta que conducía contra un turismo, na parroquia estradense de Berres. 

A vítima é un empresario moi coñecido na zona, xerente dunha queixería.

A pesar do rápido que acudiron, os efectivos de emerxencias, xa non puideron facer nada por lle salvar a vida ao home. A vítima foi liberada pero morreu no lugar do sinistro.

Amais, desprazáronse ao lugar do accidente efectivos do 061, dos bombeiros do Deza, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e do GES da Estrada.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí