CRTVG

Buscar

A Revista FDS

Morre un motorista de 55 anos en Boiro nun accidente de tráfico

Publicado o 07/10/2017 12:53
Accidente de tráfico mortal en Boiro. A vítima é un home de 55 anos que circulaba en moto, veciño da mesma localidade.

A Garda Civil investiga as causas deste suceso. Polo que sabemos, a moto chocou con outro vehículo e os servizos médicos xa non puideron facer nada por salvarlle a vida ao motorista. O accidente foi contra as seis da tarde de onte e ao lugar desprazáronse efectivos de Tráfico, bombeiros, Policía Local, protección civil e urxencias médicas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

07/10/2017