CRTVG

Buscar

Morre un motorista de 28 anos despois de chocar cun poste en Bergondo

Publicado o 28/05/2019 20:34

Un mozo motorista faleceu nun accidente de tráfico rexistrado este martes no termo municipal de Bergondo, na Coruña, despois de saír da vía e chocar a súa moto contra un poste.  

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, este sinistro tivo lugar sobre as 15,00 horas deste martes na rúa San Isidro da localidade de Bergondo. Fontes municipais concretaron que o motorista falecido neste accidente é un mozo de San Cidre, duns 28 anos de idade.  

Ata o lugar dos feitos desprazáronse unha ambulancia medicalizada, efectivos da Guardia Civil, de Policía Local e de Protección Civil. Ademais, foron mobilizados os bombeiros de Betanzos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/05/2019