CRTVG

Buscar

Morre un motorista da Garda Civil nun accidente de tráfico en Catoira

Publicado o 10/08/2021 11:10

A delegación de Tráfico de Galicia está de loito. Pasadas as nove da mañá, un axente motorizado morreu nunha saída de vía na estrada que une Catoira con Caldas de Reis. O garda civil de Tráfico, de 51 anos, natural de Ourense e residente no municipio pontevedrés de Ponteareas, dirixíase a auxiliar outro accidentado cando tivo lugar o fatal suceso.

Héctor Teixeira, axente da Garda Civil de Tráfico, dixo que o compañeiro estaba de servizo, que ía de camiño a auxiliar outro accidentado na AP-9 cando saíu da vía.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061 para intentar reanimar o axente, pero todos os esforzos foron inútiles.

Héctor Teixeira, Garda Civil de Tráfico, asegurou que en todo momento estiveron coordinados co 112 para intentar reanimalo pero, segundo apuntou, as lesións eran demasiado graves e acabou falecendo.

Noticias web

10/08/2021