CRTVG

Buscar

Morre un motorista ao saír da vía no lugar de Brión, en Rianxo

Publicado o 27/07/2019 23:21
Morre un motorista ao saír da vía no lugar de Brión, en Rianxo

O accidente produciuse pouco despois das sete da tarde, foi no lugar de Brión, na parroquia de Leiro, en Rianxo. A moto, en que viaxaba dous homes, saíu da vía e foi chocar contra un poste.

O condutor, un veciño de Valga, morreu pouco despois a consecuencia das graves feridas sufridas. O home que ía de pasaxeiro foi trasladado nun helicoptero medicalizado ao Hospital Clínico de Santiago.

De momento descoñécense as causas do accidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí