CRTVG

Buscar

Morre un milleiro de pitos no incendio dunha granxa en Vilamarín

Publicado o 24/03/2019 09:12

Un incendio orixinado nunha granxa avícola de Vilamarín causou cuantiosos danos materiais e a morte de arredor dun milleiro de pitos. O lume empezou por causas que aínda se descoñecen cando non había ninguén nas instalacións. As lapas calcinaron parte da estrutura interna da nave e os aparellos de cría das aves. Segundo a propietaria da granxa, arredor do dez por cento dos once mil pitiños que acababa de adquirir para engorde morreron no incendio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2019