Falece o militar de 35 anos vacinado con AstraZeneca que estaba ingresado en Navarra

Un militar destinado no acuartelamento de Aizoain (Navarra), o cabo F. P. B de 35 anos, faleceu nas últimas horas na clínica Universitaria de Navarra onde permanecía ingresado desde había días en estado grave tras recibir a vacina de AstraZeneca o día 7. O Exército de Terra confirmaba o seu falecemento esta madrugada, malia que desde o Goberno de Navarra se informou da súa morte o venres tras sufrir unha “trombose de seos cerebrais con trombocitopenia e hemorraxia cerebral".
O executivo navarro informou deste acontecemento adverso á Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS). Agora, segundo os protocolos vixentes, estudará o caso nunha investigación en rede.
"Fortes dores de cabeza"
Segundo informou a Asociación de Tropa e Mariñería Española (ATME), tras a súa vacinación, o cabo "padeceu fortes dores de cabeza e malestar agudo, o que o obrigou a acudir ao servizo de primeiros auxilios e posteriormente aos servizos de urxencia dun centro sanitario, desde o que foi derivado á clínica na que permaneceu ingresado.