Morre un mecánico ao caerlle enriba o coche que reparaba en Móstoles (Madrid)
Publicado o 27/06/2019 19:29
Un traballador de 33 anos morreu nun taller de Madrid ao caerlle enriba un vehículo que estaba reparando. O home faleceu no acto.
O accidente laboral ocorreu pouco despois das dúas da tarde nun taller da localidade de Móstoles. O mecánico estaba debaixo dun elevador en que estaba subido o coche. Os compañeiros do taller conseguiron liberalo, pero os sanitarios que se desprazaron só puideron certificar a morte por múltiples traumatismos.
Máis sobre actualidade
17/01/2021 10:14