CRTVG

Buscar

Morre un mariñeiro tras sufrir un accidente no seu barco á altura da illa de Ons

Publicado o 23/10/2019 09:48

Garda Civil

Conmoción no porto de Bueu, onde familiares e amigos lamentaban o fatal desenlace do accidente en que morreu un dos tipulantes deste barco do cerco, o Novo Cristo da Laxe, que esta mañá permanecía amarrado no peirao. Sucedeu mentres pescaban nas inmediacións da illa de Ons e, segundo o relato dos seus compañeiros, o mariñeiro falecido quedou atrapado no aparello e caeu ao mar, impactando contra o casco da embarcación.

Trátase dun dos tripulantes do pesqueiro Novo Cristo da Laxe, con base en Bueu. Varios medios apuntan que chegou a ser rescatado con vida tras caer pola borda.

Ao recibir o aviso, mobilizáronse unha das patrulleiras de Salvamento Marítimo da Garda Civil e o helicóptero Pesca 1 dos Gardacostas de Galicia que, tendo en conta a gravidade das feridas, trasladou o home ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, onde certificaron a súa morte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí