CRTVG

Buscar

Morre un home tras un accidente na Autovía das Rías Baixas á altura da Gudiña

Publicado o 08/03/2018 21:51

Falece o camioneiro atropelado na Autovía das Rías Baixas, á altura da Erosa, na Gudiña. O home estaba sufocando as lapas que se produciron ao incendiarse o camión que conducía, que transportaba turismos. Un vehículo que circulaba pola autovía levouno por diante, a falta de visibilidade puido ser a causa xa que arestora na zona hai moita néboa. A A52 continúa cortada sentido Vigo dende o kilómetro 143 e ata o 132. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018