CRTVG

Buscar

Morre un home nun accidente en Mesía ao colidiren un turismo e un camión

Publicado o 13/03/2018 21:06

Un home de 66 anos faleceu este martes nun accidente de tráfico en Mesía. Un camión chocou cun coche que tentaba cambiar a dirección da viaxe. O condutor do camión quedou ileso. O suceso tivo lugar ás doce do mediodía. Un coche tentou xirar nesta intersección da N-634 ao seu paso pola parroquia de Cumbraos.

A liña continua imposibilita a manobra. Un camión que ía dirección Lugo cochou co coche, cruzando a estrada e quedando no lado contrario da vía. O conductor do turismo tivo que ser liberado. Os efectivos de urxencias desprazados á zona confirmaban o falecemento. O condutor do camión saíu polo seu propio pé.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018