CRTVG

Buscar

Morre un home nun accidente de tráfico en Madrid

Publicado o 20/09/2021 08:30
Morre un home nun accidente de tráfico en Madrid

Un home duns 30 anos faleceu esta noite en Madrid. Ao parecer, seguiu recto na rotonda, e o seu vehículo envorcou. Aconteceu na localidade de San Martín de La Vega, segundo informou Emerxencias 112 Comunidade de Madrid. O accidente de tráfico tivo lugar na estrada do parque de atraccións Warner e, tras o impacto, o condutor quedou atrapado e en parada cardiorrespiratoria.

Noticias web

20/09/2021