CRTVG

Buscar

Morre un home na praia de Arealonga en Chapela, Redondela

Publicado o 23/08/2019 15:26

Un home faleceu esta mañá tras caer ao mar na praia de Arealonga, na parroquia redondelá de Chapela. Segundo os veciños da zona o falecido, que tiña 87 anos, intentaba recuperar unha boina que lle caera á agua cun ganapán, cando se precipitou á auga neste punto.

Unha persoa que pasaba pola zona descubriu o corpo aboiando no mar, sobre as 10 e media da mañá, e alertou os servizos de emerxencias. Ao lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, a Garda Civil, Salvamento Marítimo e Protección Civil, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí