Morre un home mentres paseaba pola praia dos Alemáns en Cangas
Publicado o 05/08/2020 13:34

Imaxe: Faro de Vigo
En Cangas, un home morreu este martes pola tarde mentres paseaba pola praia. O falecido, un veciño de idade avanzada, sentiuse indisposto cando camiñaba pola beira do mar.
Ocorreu na praia dos Alemáns. Os servizos de emerxencia mobilizados non puideron facer nada por lle salvar a vida.
Trátase da cuarta morte nos areais da comarca do Morrazo en menos de tres meses.