CRTVG

Buscar

Morre un home en Tui tras saír da vía o vehículo en que circulaba pola A-55

Publicado o 21/12/2020 20:42

En Tui, un home faleceu esta tarde ao saír da vía co seu coche. O sinistro ocorreu pouco antes das cinco e media na autovía A-55, á altura da parroquia de Guillarei. Por causas que se descoñecen, o coche saíu da estrada e deu varias voltas de campá.

Despois de recibir os avisos, do 112 informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Baixo Miño, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, así como ao servizo de mantemento da autovía. Con todo, o condutor do turismo morreu no traslado antes de chegar ao centro hospitalario.

Noticias web

21/12/2020