Morre un traballador en Sarria tras caer do tellado dunha nave industrial

Un traballador morreu esta mañá no concello de Sarria ao sufrir unha caída desde o tellado dunha nave. O suceso ocorreu no lugar de Céltigos. O falecido traballaba no tellado dunha empresa de embotellado de auga e caeu dende unha altura duns 10 metros.
Foi un particular quen alertou pasadas as nove e media desta mañá ao 112. Solicitaba axuda para unha persoa que caera no liugar de Céltigos. Ata o lugar desprazouse un helicóptero de Urxencias Sanitarias, pero tan só puideron certificar o falecemento do traballador.
#AXEGAInforma dun operario que faleceu en #Sarria tras sufrir unha caída mentres traballaba nun tellado, no lugar de Céltigos. Malia os esforzos do persoal sanitario, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o punto, nada se puido facer por salvarlle a vida. pic.twitter.com/MLvZ7WO2Yz
— 112Galicia (@112Galicia) May 20, 2021