CRTVG

Buscar

Morre un home en Ourense por causa dun accidente na súa vivenda

Publicado o 06/09/2021 11:28
Morre un home en Ourense por causa dun accidente na súa vivenda

Un accidente doméstico, parece ser que un esvarón na bañeira, foi a causa do falecemento dun home na súa vivenda da parroquia de Untes, en Ourense. A parella da vítima, unha muller de mobilidade reducida, foi quen avisou os servizos de emerxencias.

Ao chegaren ao lugar dos feitos tiveron certas dificultades de acceso por mor da cantidade de obxectos acumulados no domicilio, que fixeron pensar aos efectivos que pode ser un caso de síndrome de Dióxenes.

Noticias web

06/09/2021