CRTVG

Buscar

Morre un home en Ortigueira ao quedar aprisionado coa segadora

Publicado o 14/05/2019 18:52

Accidente doméstico en Ortigueira. Veciños da parroquia de Loiba atoparon o corpo sen vida dun home de 55 anos aprisionado entre a segadora coa que traballaba e a póla dunha árbore. Un amigo, ao ver que non regresaba á casa e que tampouco devolvía as chamadas foi quen deu a voz de alarma. Agora será a autopsia a que esclareza as causas do seu falecemento.

Nunha leira do lugar de Fontela, na parroquia de Lobia, foi onde localizaron o corpo sen vida dun veciño de 55 anos que fora cortar a herba e atender o seu gando.

"Ía alí acotío. Tivo que ser un descoido ou algo así. Estaba aprisionado entre a segadora e a póla dunha árbore".

Así foi como o atoparon os seus veciños que sospeitaron de que algo pasara ao ver que o home non regresara á casa e que tampouco lles devolvía as chamadas telefónicas. Así que decidiron ir á súa procura.

"Eu fun polos campos como cando era neno. Escoitamos a súa segadora e xa o atopamos".

Ao lugar desprazáronse axentes da Garda Civil e tamén unha comisión xudicial que foi quen autorizou o levantamento do cadáver.

"O médico dixo que podería levar morto 24-36 horas".

Estaba previsto que hoxe se lle practicase a autopsia no Hospital Naval de Ferrol, que será a que esclareza as causas da morte.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019