CRTVG

Buscar

Morre un home en Lugo nun accidente cun tractor

Publicado o 03/08/2021 20:51
Morre un home en Lugo nun accidente cun tractor

Morre un home en Lugo despois de que envorcara o tractor que conducía. O accidente tivo lugar este martes e ata o lugar desprazáronse persoal sanitario, os bombeiros da localidade, a Garda Civil e a policía, segundo indicou o 112 Galicia.

Noticias web

03/08/2021