CRTVG

Buscar

Morre un home en Brión ao caerlle a póla dunha árbore enriba mentres traballaba

Publicado o 05/02/2019 20:38

Un traballador faleceu hoxe nunha corta de árbores na estrada que une as localidades de Urdilde e Negreira. Os servizos sanitarios non puideron reanimalo cando chegaron ao lugar do accidente. O home tiña 48 anos e era veciño da zona.

Un home morreu nunha corta no concello de Brión, ao caerlle enriba a póla dunha árbore que estaban cortando no monte, concretamente no lugar de Ardións. A vítima é o dono da empresa de servizos forestais que realizaba os traballos. Un particular avisou o 112 e mobilizáronse os servizos de urxencias e mesmo o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Cando chegaron os servizos sanitarios só puideron ceritificar a morte, e pouco despois procedeuse ao levantamento do cadáver. O falecemento deste home, con moita experiencia no sector, causou conmoción entre os veciños ao ser unha persoa coñecida nesta contorna.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2019